Sunday 28 de April de 2024

O Concello de Lousame convoca un obradoiro gratuíto sobre banda deseñada para nenos e nenas de 6 a 16 anos


O Concello de Lousame convoca o obradoiro “O mundo do cómic”, que terá lugar o xoves 12 de agosto, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Un taller gratuíto e dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, que deberán reservar a súa praza a través de Bando Ticket (https://bandoticket.com/events/obradoiro-o-mundo-do-comic).

O obradoiro terá unha duración de 60 minutos, nos que a rapazada aprenderá a distinguir os distintos tipos de banda deseñada segundo o formato: historietas, libros de cómic ou novelas gráficas. A concelleira de Cultura e Mocidade, Silvia Agrafojo, explica que “achegaremos aos nosos nenos e nenas á historia da banda deseñada e á súa influencia no mundo contemporáneo, repasando as orixes do cómic e contrapoñendo os cómics americanos ou europeos ao fenómeno manga xaponés”.

Este obradoiro está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.